O Día mundial do Medio Ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972, coa que se iniciou a Conferencia de Estocolmo co Medio Humano coma tema principal. Ese mesmo día, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a creación do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).
Poderíase dicir co Día Mundial do Medio Ambiente é un vehículo polo
que a Organización de Nacións Unidas sensibiliza a opinión mundial en
relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción
política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano,
motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible
e equitativo; promover o papel fundamental das comunidade no cambio de
actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta
garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e
seguro.
O Día mundial do Medio Ambiente é un evento no que se realizan múltiples actividades: concentracións en rúas, concertos ecolóxicos, ensaios e competencias en escolas, plantacións de árbores, campañas de reciclaxe
e de limpeza, entre outras. En moitos países esta celebración é unha
oportunidade de asinar ou ratificar convenios internacionais e, algunhas
veces, establecer estruturas gobernamentais permanentes relacionadas co
manexo ambiental e a planificación económica.
5 jun 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario