O pasado martes 17 un rapaz chamado Iago contounos un conto moi fermoso titulado A PRINCESA SABELA de
CORNELIA FUNKE
 |
A princesa Sabela. Que aburrido é ser unha princesa! Sabela está farta
de que llo dean todo feio, de ter que sorrir decote e vestir roupas
bonitas e súper limpas. Ela quere poder subir ás árbores, meter o dedo
no nariz, vestirse e peitearse soa Unha mañá, cansa de ser unha
princesa, decide guindar a súa coroa ao estanque dos peixes. O rei, como
castigo, ordena que Sabela traballe na cociña de palacio e no cortello
dos porcos. Que divertido! Nunca fora tan feliz! |
Como era un rapaz moi espelido, fixo participe a Sabela noutro conto tamén moi bonito titulado O SOUTO ESCURO É PERIGOSO de
MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE
 |
Nun souto moi grande, moi escuro e moi perigoso vivían un lobo moi
grane, moi negro e moi perigoso, tamén vivía un oso moi moi grande, e
moi moi negro, e moi moi pero que moi perigoso e un coello moi pequeno,
moi branco e moi pero que moi pouco perigoso. |
Como nos gustou moito estivemos moi atentos.
0 comentarios:
Publicar un comentario