18 nov 2011

Magosto



Con mativo da celebración do magosto fixemos unha exposición de traballos feitos polos nenos nos que a protagonista é a castaña. A continuación mostrámosvos algunhas fotografías para que vexades o ben que quedaron os traballos.





Nestas podedes ver unha serie de animais tanto terrestres coma mariños. Aínda que todos están xogando coas follas caidas no outono, se vos fixades ben na fotografía superior poderedelos distinguir.



Mirade que castañas máis modernas! Teñen unhas guedellas e uns pendentes moi chulos.




Un colgante con moita personalidade, un rei con coroa.



A este rato gústanlle moito os vermes, mirade que amiguiños se ven!


1 comentario: