29 jun 2012

MUJA

Debido a un erro de impresión o traballo dos nenos de 4º non se publicou na revista escolar, polo tanto deixámolo aquí no blogue prara que o vexades.
 
O MUJA de ASTURIAS



Nas nosas vacacións a Asturias visitamos o “Museo Jurásico” que é un museo de dinosaurios que ten forma de pegada tridáctila (tres dedos) se o miramos desde arriba. En cada dedo aparece representado un período xeolóxico: triásico, jurásico e cretácico.

                                    
 

Ensináronnos a distinguir un dinosaurio dun réptil: os dinosaurios nunca arrastran a cola. Tamén nos contaron que os dinosaurios hervíboros andan a catro patas a diferencia dos carnivoros que son bípedos, é dicir, andan a dúas patas.
Para rematar ensináronnos fósiles de dinosaurios reais e deixáronnos tocar un fémur atopado en Asturias.


Nenos de 4º curso

1 comentario: